Fotografía de Ágela Araujo de 4º ESO |
Ten unha distancia aproximada de 3 Km e unha duración
aproximada de 1 hora. A dificultade é baixa e apta para tódolos
públicos, pero hai zonas de escalóns. Esta ruta está moi
sinalizada e dende o centro do Rosal hai indicadores. Os Muíños do
Folón son 57 datados nos séculos XVIII e XIX e no ano 1998 foron
declarados “ben de interés cultural”. No alto, rematada a ruta
dos Muíños do Folón , recoméndase unha parada para observar a
paisaxe e despois continuar a visita aos Muíños do Picón.
No hay comentarios:
Publicar un comentario