jueves, 13 de junio de 2013

Festas do Rosal

San Isidro celébrase a mediados de maio, en Santa Mariña

Unha das máis importantes é a Feira do viño, no mes de xullo, nela pódense degustar os deliciosos caldos das diferentes bodegas participantes,acompañados de produtos gastronomicos que se poden adquirir nas carpas anexas á feira.

A festa de Santa María Madalena celébrase a finais de xullo, na ermida da Madalena en Eiras.

En San Miguel de Tabagón celébrase a festa a principios de setembro, réndeselle culto ao Anxo das Uvas.

A festa da vendimia celébrase a finais de setembro, en San Miguel de Tabagón, onde todos os asistentes poderán degustar viño e polvo.

A festa de San Francisco de Marzán ten lugar a primeira fin de semana de outubro. Fánse actos relixiosos en honor ao santo.




Celébrase a principios de outubro a festa en honor aos Cabaqueiros, con multitude de actividades para mozos, nenos e adultos. Inclúe obradoiros de tellas, feira de artesanía, verbena e música tradicional a cargo da banda de música e de formacións populares (pandereteiras ,gaiteiros ...)

No hay comentarios:

Publicar un comentario